Hainos aéreos e de terra. Chámalles Robots Asistentes de Extracción de Campo de Batalla ou bear (oso). Funcionan a control remoto e poden andar por zonas complexas.
Os soldados estadounidenses están a experimentar coa robótica para protexérense dos atentados dos que son vítimas a diario en Iraq.
O programa chamado Robot Asistente de Extracción de Campo de Batalla, ou bear (oso en inglés), conta cunha familia de artefactos tanto aéreos como de terra que son manexados por control remoto.
O portal ZdNet publicou unha galería de fotos onde se poden ver os robots que se están a utilizar.
A función destas máquinas é axudar aos soldados en situacións perigosas, comprobar o interior dos edificios ou detectar explosivos. Os artefactos teñen sensores e xiroscopios que permiten ao seu controlador remoto manobralo en zonas complexas e, ademais, pode levar un peso de 135 quilos nun dos seus brazos.
O presidente de Vecna Robotics e creador da criatura, Daniel Theobald, dixo á cadea británica BBC que "a idea é que o robot opere en terreos difíciles, entre nun edificio, suba as escaleiras, poida que nun edificio en lapas e recolla a unha persoa e a saque do perigo".
"A persoa que fundou o proxecto ao principio quería que o robot fose o máis amigable e atractivo posible. A idea era que se estás ferido e tes a un robot que te vén rescatar queres que teña un aspecto reconfortante", agregou.