Xurxo Rey fai balance dunha década de traballo, a poucos días do peche da sala compostelá.
Despois de case dez anos de actividade cultural en Compostela, a Sala Yago baixará o pano o día 30 por decisión dos seus propietarios. Aínda que falta por representarse a derradeira obra, Fóra de xogo, da compañía Nove Dous, o equipo que xestionaba até agora a sala xa está a recoller os trastes para abandonala definitivamente a comezos de xullo.
Xurxo Rey, membro da xestora da Yago, falou con Vieiros sobre o pasado e o futuro dun dos principais espazos culturais dunha cidade que de seguro sentirá o seu baleiro a partir do verán.