Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
crean o "Exame do cazador"

Os cazadores terán que recoñecer primeiro as especies que matan

Con esta proba agárdase chegar a un uso racional e ordenado da actividade cinexética e mellorar o coñecemento e o respecto do medio e da fauna galega.

Redacción - 18:39 11/06/2007

Terán que saber o que é un corzo, ou un coello, para poder diferencialos dos seus compañeiros e dos cans que os acompañan. Quen desexe obter a licenza de caza en Galiza vai ter que presentarse, dende agora, ao "Exame do Cazador".

Coincidindo coa nova tempada cinexética, comezará o período de exames para os futuros cazadores. As probas faranse os primeiros luns dos meses de decembro, febreiro, xuño e setembro.

O chamado "Exame do Cazador", cuxa orde foi publicada na segunda feira no DOG, é unha medida que promove a Consellaría de Medio Ambiente, de acordo coas asociacións de cazadores e conservacionistas, que pretende facer que os cazadores estean mellor formados antes de comezar a disparar, e que teñan un maior control cando saen ao monte. Para presentarse ao exame hai que aprender enteiro un manual que vai sacar a consellaría, cun temario que deberá superar con éxito quen, por primeira vez, desexe obter o permiso de caza.

A proba ten una parte teórica –con 60 preguntas tipo test, das que só hai que superar a metade- e outra práctica, no que o examinado debe recoñecer varias especies da fauna galega, que serán as que logo, xa co exame aprobado, deberá cazar no monte.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: