O 10 de xuño cúmprense 427 anos da morte de Luíz Vaz de Camões, considerado o maior poeta das letras portuguesas. Esta efeméride conmemórase o Día Nacional de Portugal, tamén chamado Día de Camões, de Portugal e das Comunidades Portuguesas.
Este ano, a mensaxe institucional do presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, centrouse na comunidade portuguesa no exterior. Calcúlase que viven fóra de Portugal cinco millóns de persoas, por iso insistiu na necesidade de garantir estruturas institucionais que lles permitan manter o contacto coa terra.
As manifestacións do presidente chegan nun momento en que se están a pechar consulados portugueses en todo o mundo. O Día de Portugal foi coñecido durante a ditadura salazarista como
Dia da Raça.