O gañador do primeiro premio foi Jorge Gómez Crespo, de Ourense, cunha mensaxe que convida unha rapaza a tomar unhas cervexas.
O Concello do Porriño fixo públicos os nomes dos gañadores do seu terceiro concurso de mensaxes de móbil. Jorge Gómez Crespo, de Ourense, levou o primeiro premio, de 250 euros. O segundo, de 150, foi para Ana Díaz Pérez, de Becerreá, e o terceiro, de 100 euros, recaeu en Juan Blanco Quintela, da Coruña.
O concurso convocouno a área de normalización lingüística do concello en colaboración coa biblioteca municipal. Recibíronse 75 mensaxes, que valorou un xurado formado polo escritor Diego Ameixeiras, a profesora Dorinda Castro, o xornalista Xoán Fernández e mais Maite Mosquera, gañadora da anterior edición.
As mensaxes gañadoras foron, co primeiro premio, “Rapcña d beizs scrus e sorris cib,cm llands?qdams xa tmarll unhs kñs a krn do mao ou ns biras d sil?s ch prac,di ora e encoro.adeus”. A segunda, “ Chovia.Como nin ia xover?Aqui smpr xove!Como m gusta a xoiva.E tan nosa...O 50%da sangue galega deb ser xoiva.Aquel dia tamn xovia.Soubn q tod rematara pq scampou”. E a terceira foi “ Suicideime antonte, escriboche so pra dicir q o ceo e uha merda”.
O xurado valorou a orixinalidade e a calidade da expresión das mensaxes premiadas, e salientou o feito de que se recibiron candidaturas con enfoques moi diferentes. Todos os SMS recibidos pódense ler na web da Biblioteca Municipal do Porriño.