Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
I Xornada galega Deporte na escola

Os pequenos deportistas xúntanse en Tui

Algo máis de trescentos nenos e nenas reúnense o sábado, no peche deste programa no que participaron 103 colexios de toda Galiza.

Redacción - 09:00 10/06/2007

Durante todo o ano escolar os nenos e nenas xogaron e practicaron deporte ao tempo que aprendían, ao abeiro do programa Deporte na Escola, deseñado para iniciar os escolares na práctica deportiva baseada na convivencia, nos valores da solidariedade e o xogo limpo, e fuxindo do criterio competitivo. Na xornada do sábado culmina este programa novo posto en marcha este ano polas dúas consellarías -Educación e Cultura e Deporte-, onde participaron máis de 5.000 nenos e nenas dos colexios galegos.

No sábado, dende as 10 da mañá e até as 19 horas, xogos culturais e actividades de balonmán, baloncesto, natación, atletismo, fútbol sala, bádminton, voleibol, xadrez divertirán aos cativos nos distintos pavillóns da vila da raia.


2/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: