Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
HABERÁ POXAS RETRASMITIDAS EN DIRECTO

Quen levará acoruña.es?

O Estado filtra as normas para rexistrar dominios con ñ e acentos

Redacción - 09:53 08/06/2007

Acoruña.es, lalín.es ou padrón.es. Estes son algúns dos dominios que se poderán rexistrar proximamente. E é que Red.es, entidade que rexe os dominios ".es", acaba de filtrar as normas para conceder identificadores cos carácteres 'á', 'à', 'é', 'è', 'í', 'ï' 'ó', 'ò', 'ú', 'ü', 'ñ', 'ç' e 'l?l'.

En principio, terán prioridade aqueles que teñan rexistrados dominios similares. Por exemplo, quen teña "www.acoruna.es" será previsiblemente o primeiro en poder rexistrar "www.acoruña.es".

Poxas por acoruña.es?

Pero que sucederá se quen ten rexistrado "www.acorunha.es" tamén está interesado neste identificador? Segundo adianta El País, en casos así Red.es organizará unha poxa, que será retransmitida a través de internet.

Polo de agora a entidade xa informou da próxima apertura da convocatoria de novos dominios aos axentes rexistradores. Agárdase que nos próximos días detalle os plans ao público en xeral.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: