Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Déficits de promoción con respecto a outros caldos

Alén do Ribeiro e Rías Baixas, os viños galegos son pouco coñecidos fóra do país

Unha enquisa recente indica que no resto do Estado só un 9% de consumidores escoitou falar da denominación de orixe Valdeorras e non pasa do 13% o coñecemento dos viños da Ribeira Sacra.

Redacción - 16:53 07/06/2007

Un 79% dos entrevistados afirmou no resto do Estado saber da existencia dalgunha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galiza, D.O. Con todo, a situación é moi diferente entre elas xa que mentres o nivel de popularidade dos viños do Ribeiro chega ao 73%, a segunda máis coñecida de todas as do Estado, no outro estremo aparece a de Valdeorras, da que saben apenas un 9% de consumidores. Con alto nivel de coñecemento aparece tamén a denominación Rías Baixas, a cuarta mellor situada no ránking estatal. Pola contra, Monterrei e Ribeira Sacra gozan de porcentaxes respectivas do 19 e 13% respectivamente.

Os datos saen da enquisa realizada pola consultora The Nielsen Company e desde a Consellaría do Medio Rural recoñecen que evidencia a necesidade de traballar máis na promoción dos viños galegos. Neste mesmo ano, o investimento fixado para iniciativas de promoción das denominacións de orixe chegou a 1,8 millóns de euros. A nivel comercial, o 42% da produción das D.O. vendeuse en Galiza, cun 21,3% con destino ao mercado do resto do Estado. No último ano, esa cota estatal aumentou en vendas até un 9,2%.

No mesmo ano en que a maioría de viños de calidade viron como descendía a súa demanda nos estabelecementos hostaleiros, ao tempo que aumentaba o número de consumidores que os mercaba nas tendas, a tendencia dos viños galegos aparece diferente. Así, mentres no sector da hostalaría as vendas chimparon un 8,5% arriba, os viños de Galiza baixaban no consumo dos fogares un 0,6%. Desde Medio Rural son especialmente optimistas coa evolución dos viños brancos, cun incremento de vendas o último ano dun 7,8%, representando o 18,4% das vendas totais. Dous tipos de uvas brancas características de Galiza, albariño e godello, aparecen entre as dez variedades máis coñecidas. No mesmo grupo tamén se destaca outra variedade presente nos tintos galegos: a mencía.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: