Galiza, con 44 empresas neste sector, é a cuarta comunidade do Estado con máis firmas que traballan co código aberto
A Universidade Rei Juan Carlos, Caixanova e Igalia, unha das firmas máis importantes do software libre galego, colaboran no lanzamento do primeiro máster sobre código aberto que se vai realizar no país, en concreto na cidade da Coruña.
O curso está dirixido a titulados e profesionais que aspiren a “dirixir, analizar e participar en proxectos de softwarelLibre de ámbito internacional”.
En Galiza existen 44 empresas neste sector, segundo datos recollidos en Mancomun.org. Isto situá a Comunidade só por detrás de Madrid (117 compañías), Cataluña (115) e Andalucía (67).
O 6 de xullo remata o prazo para a inscrición en convocatoria ordinaria, até o 28 de setembro en prazo extraordinario, segundo informa Caixanova.