Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PÓDENSE ATOPAR TODOS OS FALLOS SOBRE CERTAS PERSOAS OU EMPRESAS

Na rede as sentenzas do TXSG e das audiencias provinciais, pero só para Explorer

Publicadas na web do Consello Xeral do Poder Xudicial, que funciona correctamente co navegador de Microsoft pero non con Firefox

Redacción - 09:53 07/06/2007

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acaba de subir a internet todas as sentencias das audiencias provinciais do Estado. A través desta potente ferramenta, pódese localizar calquera sentencia destes salas, pero tamén do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TXSG) e do Tribunal Supremo, que xa estaban no ciberespazo.

Iso si, os enlaces que permiten chegar ata os buscadores de sentencias funcionan correctamente empregando o Microsoft Internet Explorer, pero hai dificultades para usalos co Mozilla Firefox, o navegador de código aberto que empregan, aproximadamente, unha terceira parte dos internautas.

Sentencia sobre Reganosa
Malia todo, a publicación deste importante fondo documental permite acceder, mediante un motor de búsqueda textual, a todos os fallos nos que están involucrados certas persoas ou empresas. Por exemplo, pode lerse a sentencia do TXSG sobre o impacto ambiental de Reganosa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: