Percorrerán máis de 80 quilómetros en dous días.
A solidariedade co patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, non deixa de medrar. O Comité de Emerxencias da Ría de Ferrol e os mariscadores da zona teñen previsto facer unha marcha a pé até o penal de Teixeiro.
Con este acto queren manifestar o seu apoio total ao patrón, que xa leva sete días na cadea por liderar o bloqueo da planta de Reganosa. A decisión de percorrer a pé os máis de 80 quilómetros tomouse este mércores en asemblea. Partirán o venres ás 15 horas e agardan estar diante do penal o domingo.
Cabe lembrar que Bastida comezou o marte unha folga de fame logo de que unha xuíza confirmara prisión incondicional. O patrón maior fixo público un escrito no que se declara “preso político”