O vehículo en que viaxaban saíu da vía pola que circulaba. Outros dous ocupantes resultaron feridos de gravidade.
Ao redor das 8.45 horas desta cuarta feira, dous membros das brigadas municipais de obras morreron en accidente de tráfico. O vehículo en que viaxaban saíu da vía pola que circulaba, a estrada local de Trabado, DP-0702, no municipio de Cervantes (Os Ancares).
Ademais, outros dous ocupantes do automóbil resultaron feridos de gravidade, segundo as primeiras informacións facilitadas pola Garda Civil de Tráfico.
Malia que nun primeiro momento informouse de que os ocupantes do vehículo pertencían as brigadas contraincendios da Xunta, fontes de Medio Rural confirmaron que en realidade forman parte dunha cuadrilla municipal de obras que, á espera de que sexa comprobado, poderían estar realizando actividades de limpeza para a prevención do lume.