Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na proba feminina Aida Valiño fixo 33ª e Saleta Castro 43ª

Gómez Noya segundo e Raña terceiro na Copa do Mundo de triatlón en Madrid

O checo Ospaly apartou da vitoria ao galego na recta final. A cinco segundos deles chegou Iván Raña.

Redacción - 14:56 03/06/2007

Xavier Gómez Noya saira entre os primeiros do treito de natación e estivo á beira do ordense Iván Raña durante a maior parte da proba de bicicleta, viaxando os dous nun pelotón de corredores que chegou a ceder até máis dun minuto sobre o británico Hayes, que liderou a carreira durante moito tempo.

A menos dun quilómetro da meta descolgouse Iván Raña e no sprint final Gómez Noya acusou o esforzo realizado no último treito para neutralizar os escapados. Finalmente, vitoria para o checo Ospaly. A 5'50'', na posición 46ª, entrou en meta outro galego, o coruñés David Castro.

En categoría feminina gañou a portuguesa Vanessa Fernandes. Con esta son cinco veces consecutivas as que venceu Fernandes na proba madrileña da Copa do Mundo de triatlón.


Todos os resultados en Triatlón.org.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: