A obra 'Do, re, mi Mozart xoga aquí', última sesión das funcións para cativos que o local ofreceu durante máis dunha década.
A compañía Cachirulo acumula xa máis de vinte anos representando historias para maiores e rapaces. Este domingo ás 12h30 representará a última función de monicreques que acolle a Sala Yago. Haberá máis oportunidades para vermos a Cachirulo, pero non neste escenario.
Hai dez anos, en 1996, e coa mesma obra, a Sala Yago iniciaba na compostelá rúa do Vilar a programación de sesións de monicreques para nenas e nenos. Antes de que a sala teña que pechar a finais do mes de xuño, os cativos poderán entrar unha última vez para ver aló un espectáculo deste tipo. Do, re, mi Mozart xoga aquí, un relato no que Mozart e súa irmá Nannerl crean unha historia e represéntana con verduras.
Ao respecto do peche da Yago, achegámoslles o artigo de Xavier Estévez: Sobre a "Zara" Yago (carta aberta á autoridade incompetente)