O previsíbel medre da morosidade fai que as entidades pensen noutras fontes de negocio.
As entidades financeiras coidan que xa comezou a baixar a febre hipotecaria. Isto, sumado a un máis que previsíbel aumento da morosidades pola suba dos tipes de interese, fai que a banca non vexa xa nas hipotecas a súa principal fonte de negocio.
O euribor chegou en maio ao 4,37%, o índice máis alto dende hai seis anos. O encarecemento das hipotecas está a ser xa un auténtico crebacabezas para as familias. Segundo informa o xornal económico Cinco Días, diante deste panorama os bancos e as caixas xa están endurecendo as condicións para subscribir unha hipoteca.