Tamén chamada "De Técnica", nela participan uns trinta clubes e uns douscentos deportistas de todo o país.
Toda a xornada do sábado, de dde 9:30 ás 14:00 horas no Polideportivo Municipal de Sarria daranse citas deportistas de todas as idades -dos tres a máis de setenta anos- na fase final das diferentes Copas Deputación celebradas o pasado día 26 nas catro provincias galegas.
É tamén unha actividade moi atractiva e participativa, que conta coa colaboración da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tamén de entidades locais.
É unha opotunidade para ver a centos de taekwondistas de toda Galiza pelexar pola Copa; un evento que organiza a Federación galega de Taekwondo.