Máis lixeiro, non se coagula e disólvese en auga no momento de inxectalo
Malia que se trata dunha substancia que aínda non foi probada en seres vivos, os seus mentores aseguran que será ideal para ser utilizada en zonas de guerra por ser un material máis lixeiro que o sangue real para transportar.
O sangue artificial pódese almacenar en bolsas en forma de pasta, que se disolve en auga no momento de se utilizar. A súa almacenaxe é sensiblemente superior ós 35 días que pode ser mantido o sangue humán, e non precisa de sistema de refrixeración.
A innovación estivo a cargo de profesionais da Universidade de Sheffield onde os investigadores lograron que o sangre artificial non se coagule a temperaturas de ambiente e poida ser gardado por máis tempo; está feito de moléculas plásticas, unidas nunha estrutura similar ás ramas dunha árbore, contén un átomo de ferro e, igual que a hemoglobina, nesa estrutura, o osíxeno pode unirse ao osíxeno ingresado polos pulmóns, para ser dispersado por todo o corpo.
O científico Lance Twyman, asegura que o invento é ideal para evitar as mortes de persoas por “feridas superficiais cando se quedan atrapadas nun accidente ou resultan feridas no campo de batalla e non poden obter sangue antes de chegar a un hospital".
“Estamos realmente expectantes ante o potencial que ofrece este produto, sobre todo, polo feito de que pode salvar moitas vidas”, dixo Twyman.