Como se fode en galego? Aquí cadaquén sabe as súas (cochinadas) e ninguén as de todos. Un artigo de Leo F. Campos.
Como se fode en galego? Aquí cadaquén sabe as súas (cochinadas) e ninguén as de todos. O primeiro que deu cartos na Internet foron o sexo e o Wall Street Journal. E unha lingua ten que servir para todo, tamén a lingua oral...
As vacas/blogs caían no Blogmillo arramblando con todo, pero as vacas/sexblogs andan antre, acochadas, porque, claro, non imos meter no Google do ordenata do choio o ítem «foder». É sabido que para poder botar un asunto ben botado hai que pedir un día de asuntos propios.
De todas, todas, o millo é incontable pero cada gran é un milleiro. O Fodemillo trae moita cousa boa, amais de certa sospeita de que antre o millo se fodía máis ca antre o blogmillo, que a Segunda República era máis dada a certas cousas ca a Autonomía e que, como din dende Quentidades Industriais, a sociedade galega ábrese máis de mente ca de pernas. Bajo Ulloa dixo que o problema vasco era que non se fodía. E Nós, que problema temos?
Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 120, maio de 2007)