Os clientes gais queixáranse á dirección do estabelecemento polo comportamento homófobo doutros visitantes. A Xustiza dálle a razón.
Hotel Peel
A Xustiza dálle a razón a un hotel australiano para homosexuais que prohibira a entrada de homosexuais nas súas instalacións, para facilitarlles unha estancia máis cómoda aos seus clientes gais.
O tribunal administrativo e civil do estado de Vitoria (Australia) decidiu a semana pasada que o Hotel Peel, en Melbourne, ten o dereito de lle impedir a entrada a certas persoas en función da súa sexualidade.
O propietario do estabelecemento, Tom McFeely, dixo que cumpría esta decisión para proporcionarlles aos seus clientes un ambiente en que poderen expresar libremente a súa opción sexual.
McFeely sinalou que, malia que o hotel dálle a benvida a todo o mundo, a súa clientela homosexual masculina expresou a súa desconformidade polo número de heterosexuais chegados ao hotel este ano.
"Como no zoolóxico"
A comisión de dereitos humanos de Vitoria apoiou a decisión, alegando que é concordante coas políticas de igualdade de oportunidades que defenden os dereitos dos grupos discriminados. A súa presidenta, Helen Szoke, afirmou ademais que a clientela gai do hotel experimentara "hostigamento e violencia".
"Sentíanse como se estivesen no zoolóxico, con numerosos grupos de mulleres indo ao lugar a facer despedidas de solteira", dixo Skoze. Ademais, McFeely comunicou que o hotel está a recibir chamadas homófobas dende que a noticia se fixo pública.