Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
POLA CONVOCATORIA DE PRAZAS NO SERGAS

Portugal teme a fuxida de médicos galegos

Os xornais lusos sinalan que se se cumpre o agoiro a sanidade do norte do país sufrirá problemas graves.

Redacción - 18:17 25/05/2007

No norte de Portugal teñen medo que as ofertas de prazas que está a facer a Xunta acaben por atraer os numerosos médicos galegos contratados nos centros lusos. O Jornal de Noticias abría este venres con esta información. O medio recolle declaracións de Carlos Salgado, presidente dunha asociación de sanitarios do Estado español que traballan en Portugal.

Salgado explica que “Galiza ten neste momento un grave problema de asistencia médica por mor dun déficit brutal de médicos e enfermeiros”. En Portugal traballa preto dun milleiro de médicos do Estado español, a maior parte galegos. Os sanitarios están contratados temporalmente en centros de saúde.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: