Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobado o proxecto de financiamento

Bush apaña 75 mil millóns de euros paras as guerras de Iraq e Afganistán

Logo de vetar a petición para a retirada das tropas, o presidente dos Estados Unidos conseguiu os cartos para prolongar as dúas campañas bélicas.

Redacción - 08:00 25/05/2007

"Votando esta lei os dous partidos amósanlle ás nosas tropas, aos iraquís e ao inimigo que o noso país apoia os homes e mulleres nas zonas en conflito", destacou George W.Bush na súa intervención ao respecto na Casa Branca, agoirando que os próximos meses haberá fortes combates e recoñecendo que o goberno dos EUA espera máis vítimas no seu exército.

Na práctica, o Partido Demócrata apanda co proxecto dos rivais do Partido Republicano despois do veto imposto polo presidente á súa proposta para retirar as tropas a partir de outubro. Malia que os republicanos quedaron en minoría nas dúas cámaras, os demócratas non chegan á maioría de dous terzos necesaria para evitar os vetos. Con todo, conseguiron introducir algunhas emendas para a esixencia da demostración de progresos na xestión das axudas entregas ao goberno iraquí.

Máis en The New York Times


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: