Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
AS MINICENTRAIS, UN GOTEO QUE NON CESA

Para acometer unha minicentral en Beariz preséntase un estudo de efectos ambientais do ano 1987

No interior da provincia de Ourense, en Beariz, estase proxectando unha minicentral promovida por Hidroeléctrica de Cardelle S.L. Esta minicentral afectará a tres ríos deste concello e presenta diversas irregularidades coñecidas por ADEGA.

ADEGA - 20:39 23/05/2007
Tags:

A primeira carencia que presenta o proxecto só se pode calificar como “surrealista” e é que no proxecto non se indica o lugar exacto onde vai estar construida. Esta cuestión xa nos indica o oscurantismo co que se está levando este tema xa que o lugar do proxecto debe estar claramente indicado para poder coñecer as implicacións ambientais que conleva. O cerne do asunto é un proxecto que leva moitos anos nun caixón esquecido e que agora revive sen ningunha garantía ambiental. ADEGA solicitou o estudo de efectos ambientais ao Concello de Beariz en base á Lei 27/2006 que regula o dereito ao acceso á información ambiental. Ata o de agora ainda non foi remitida esta documentación. Sem embargo si se coñecen certos aspectos do proxecto. Este estudo de efectos ambientais está datado en 1987 (Hai 20 anos). No tempo transcurrido dende o inicio do proxecto a lexislación ambiental cambiou enormemente e os requisitos necesarios para construir minicentrais son, por fortuna, moito máis estrictos. Para empezar nestes momentos é preceptivo un Estudo de Impacto Ambiental que supón um informe moito máis completo acerca dos numerosos impactos ambentais e paisaxísticos que provocan estas innecesarias infraestructuras. Neste sentido hai que destacar que as Declaracións de Impacto Ambiental, preceptivas despois da realización do correspondente estudo, caducan aos 5 anos de ser elaboradas. Estes feitos serán comunicados por ADEGA ante o Valedor do Pobo por se se está incurrindo nun incumprimento dos dereitos fundamentais dos cidadáns entre o que se inclúe o dereito á información e a exposición pública dos proxectos para poder alegar, neste caso na súa contra. Finalmente destacar que a maioría dos veciños da zona afectada maniféstanse en contra da construcción desta minicentral e ADEGA quere facer un chamamento ao concello de Beariz para que atenda as demandas dos veciños para que non se destrocen os ríos onde eles viven e que se busque um desenvolvemento sustentable e non a depredación do territorio.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: