Algúns nenos comezaron a falar e a costruír frases e resulta máis doada a comprensión
Un comunicador do tamaño dun móbil soportado sobre un dispositivo PDA proporciona aos nenos con trastorno do espectro autista carentes de linguaxe funcional a 'navegación' sobre actividades cotiás, como comer, ir ao supermercado ou ao colexio.
O neno pode levar o comunicador, chamado 'scaut', a calquera sitio e grazas a el selecciona co dedo unha imaxe con son -por exemplo, un vaso de leite- e permite á nai ou á persoa que o coida responderlle marcando outra -a dun zume-, para lle indicar que mellor faga a segunda opción, establecéndose desta maneira unha comunicación entre eles.
O programa informático abrangue moitas situacións da vida cotiá, segundo explicou a coordinadora deste proxecto María José Rodríguez, e está adaptado a un neno autista 'para facilitar a súa integración' cos pais ou titores e permitir que 'a través de imaxe e sons se comunique co seu contorno'.
O menor expresa desexos respecto a obxectos, pero tamén mostras de afecto, como abrazar, ou sentimentos como ter soño ou fame.