Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xa hai vídeo do "ghit"

Volve 'O Pirimpimpín', agora con imaxe

Malvela acaba de presentar o seu terceiro disco, da miña xanela á túa, e xa podemos ver os primeiros vídeos promocionais desta alegre e rebuldeira agrupación. Como adianto, unha das cancións que arrasou o verán pasado:

Redacción - 11:21 23/05/2007



Puidemos escoitar este tema na primeira edición de 'A polo ghit!' As contaxiosas ganas de festa que nos transmitían Malvela c'O Pirimpinpín volven este verán coa presentación do seu terceiro disco: xa venderon máis de 10.000 exemplares cos dous primeiros albumes (no 2004 sacaron o disco de nadal O aghinaldo, e xa antes, Que o pano non me namora, no outono do 2002). Agora, o grupo de cantareiras tradicionais presenta da miña xanela á túa, editado por PAI Música. Gravouse nos estudios Casa de Tolos, coa produción de Segundo Grandío e Uxía Senlle, quen foi ademais a madriña do grupo (eran as súas alumnas de canto nun curso na Asociación de Mulleres Rurais de Mos).

da miña xanela á túa consta dun cedé de 15 cancións (entre elas, como non, o "ghit" O Pirimpimpín) e dun deuvedé con dous vídeo clips, un documental, e un "como se fixo". No cedé, ademais de escoitar a estas señoras de Sanguiñeda (a señora Carmen, Matilde, Silvina, Fita, Clara, Dorinda e Carmiña (nai, avoa e filla da mesma familia), Carmen de Isaías, Isolina, Maruxa de Ramilo, Aurita, Dina, Teresa do Piñeiro, Merchi, Julia e Adela), hai convidados de luxo, como a propia Uxía, o Orfeón Treixadura, a Charanga O Fiadeiro, Lorenzo Suárez, Oli Giráldez, Luís Caruncho, Fernando Abreu, Sérgio Tannus, ou Augusto "Canario".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: