Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MICROSOFT TEN DOUS DOS DEZ PORTAIS MÁIS POPULARES

Google acapara 21 das 100 webs máis vistas no mundo

Yahoo.com é a máis visitada e Youtube.com a cuarta, segundo os datos de Alexa

Axencias - 17:11 22/05/2007

Se ten vostede unha dúbida, pregúntelle a Google sen medo a sentirse ignorante ou, polo menos, non máis que millóns de persoas de todo o mundo. Tal é a penetración deste buscador por todo o globo que no ranking das 100 páxinas máis visitadas, ocupa 21 postos coas súas diferentes versións.

Segundo a web de referencia en canto a reconto de tráfico on-line Alexa, desde a versión “.com” do buscador, que está no terceiro posto á “.com.eg” de Exipto no 89, outras 19 versións de Google que pasan por Francia, España, Xapón, Polonia, Turquía, India, Perú, Colombia ou Venezuela, alternan polos cen primeiros postos da lista.

A popular web de intercambio de vídeos Youtube, que figura no cuarto lugar de sitios máis visitados. Outras empresas que triunfan en todo o mundo con varias páxinas entre as máis visitadas son Yahoo (como yahoo.com, no primeiro posto; ou a versión xaponesa -.com.jp-, número 11) e Microsoft (con MSN.com ou live.com, en segundo e sexto posto, respectivamente).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: