Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Somos firmes defensores do proxecto"

O Goberno apoia a candidatura de Ferrol para Patrimonio da Humanidade de 2008

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, lembrou este venres na cidade que xa se está a traballar nos informes para presentar a iniciativa ante a UNESCO.

Redacción - 10:15 19/05/2007
Vista do castelo de San Felipe / Galipedia

Vista do castelo de San Felipe / Galipedia

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, defendeu este venres en Ferrol a candidatura da cidade a Patrimonio da Humanidade en 2008, e lembrou que a Dirección Xeral de Patrimonio xa colabora na elaboración dos informes precisos para a presentación do proxecto ante a UNESCO.

Nunha visita ao Castelo de San Felipe, acompañada polo candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, Xoán Xosé Pita, a titular de Cultura resaltou que a consellaría "é firme defensora desa candidatura, e formaremos parte de todo o proxecto para presentármosnos ante a UNESCO", esgrimiu.

"Orgullosos da nosa historia"

Pola súa banda, o candidato nacionalista, Xoán Xosé Pita, lembrou "o esforzo" do BNG para que o Castelo de San Felipe se incorporase ao patrimonio municipal, e sobre todo, incidiu no feito de que o Concello de Ferrol, gobernado polo BNG, "tivo que acudir a poxa pública pola cerrazón do goberno español, presidido por Aznar, que se negou en rotundo a ceder gratuitamente o espazo".

Pita fixo fincapé no feito de que dende que en Ferrol se comeza a falar da declaración do conxunto histórico, dos castelos e do arsenal como Patrimonio da Humanidade, "o nacionalismo fixo súa a proposta para que os ferroláns e as ferrolás sentisen orgullo da súa historia", manifestou.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: