Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Operación conxunta afgá-occidental

Confírmase a morte do lider talibán mulá Dadullah

O servizo de intelixencia anunciouno despois de varias informacións que anunciaran a súa captura.

Redacción - 12:37 13/05/2007
O mulá Dadullah, nunha entrevista a Al Jazeera

O mulá Dadullah, nunha entrevista a Al Jazeera

O principal líder talibán, o mulá Dadullah, morreu nun enfrontamento con tropas afgás e da OTAN ao sur do país. Segundo o voceiro do servizo de intelixencia de Afganistán, Said Ansari, Dadullah morreu o sábado na provincia de Helmand, ao sur do país.

O corpo foi recuperado logo dunha operación militar conxunta de forzas afgás e occidentais, e foi trasladado á cidade de Kandahar. Un reporteiro da BBC confirmou que viu o cadáver de Dadullah.

A morte ou captura do líder talibán xa se anunciara previamente en varias ocasións, pero desta vez vese confirmada coa exposición do seu corpo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: