O Parlamento insta á Xunta a non traballar coas operadoras que non usan o idioma do país
Navegando en inglés no móbil / Foto: Galipedia
Usar a multimillonaria factura que paga a Xunta ás operadoras de móbiles para lograr dunha vez que ofrezan servizos en galego. Esa é a proposta aprobada hoxe no Parlamento Galego co apoio de socialistas e nacionalistas.
O PP aposta pola persuasión
Polo contrario, o PPdG votou en contra xa que, segundo dixo o deputado conservador Angel Tahoces, cómpre usar “o convencemento e non a imposición". Os populares apostar por facer reflexionar ás empresas para que vexan que o galego tamén "é un negocio".
O deputado do BNG Bieito Lobeira defendeu a postura de que “se non hai galego, non hai contrato". Esta posición foi asumida pola maioría que apoia ao bipartito, pois a resolución do Parlamento insta á Xunta a que "condicione calquera tipo de contrato a que estas empresas se comprometan a manter o dereito dunha escolla en galego".
O PsdeG a través do seu voceiro, Manuel Gallego, dixo que cómpre "unha aposta seria e decidida" a prol do do galego nas novas tecnoloxías para fomentar a lingua entre os mozos.