A tradución realizada por Alexander de Sousa permíte gozar da publicación sobre a distribución de Linux na nosa lingua.
Portada da revista en galego
Full Circle, publicación oficial das distribucións de GNU/Linux Ubuntu, Kubuntu, Xubuntu e Edubuntu, xa ten traducido á nosa lingua o seu primeiro número, o 0. O artífice da adaptación foi Alexander de Sousa Macedo.
A edición de Full Circle, correspondente ao mes de abril, fai un detallado percorrido ás novidades e o xeito de usar a última versión de Ubuntu, a 7.04, coñecida co nome de Feisty Fawn, e repasa todas as anteriores versións, dende a Warty Warthog.
A revista, orixinalmente en inglés, está dispoñíbel até agora só en tres linguas máis: en ruso, que foi a primeira versión traducida; en castelán, e agora tamén en galego.