Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PUBLICACIÓN PRESENTADA HOXE NO CULTUR.GAL

Ten futuro a cultura galega na rede?

Unha ducia de expertos analizan os desafíos aos que se enfronta o galego no ciberespazo nun e-libro de descarga gratuíta

Redacción - 12:37 10/05/2007
Portada do e-libro

Portada do e-libro

O Consello da Cultura galega publicou hoxe un libro electrónico que analiza o presente da cultura galega na rede. "I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet" conta con contribucións da xornalista Belén Regueira, o avogado Victor Salgado, o profesor Marcos Valcárcel e o produtor Pancho Casal, entre outros moitos profesionais da cultura e do sector de internet.

O lanzamento deste e-libro forma parte das actividades programadas pola Xunta na campaña
"Máis internet, máis galego, máis futuro", que busca promover os contidos galegos aproveitando as celebracións do 17 de maio, que é o Día das Letras Galegas e o Día de Internet.

Blogs e dereitos de autor

Os problemas coa propiedade intelectual no ciberespazo e o “boom” das achegas dos internautas aos contidos son algúns dos aspectos tratados. E é que o obxectivo da publicación, segundo a Xunta, é “analizar o momento actual da rede para que os profesionais galegos da cultura poidan detectar oportunidades de difusión do patrimonio galego a través das novas tecnoloxías”.

A publicación foi presentada no Cultur.gal, a feira do Libro e da Industria Cultural que comezou hoxe en Pontevedra. Na xornada inaugural, Cultur.gal organizou un debate sobre a cultura galega no ciberespazo. O editor Víctor Freixanes e Carlos Santiago, do colectivo Arredemo, foron algúns dos relatores.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: