Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TAMÉN SE PODE PEDIR O CARNÉ DE DOADOR DE ÓRGANOS EN LIÑA

O Sergas informará aos cidadáns mandándolles mensaxes ao móbil

A Consellería de Sanidade estrea portal este xoves, que incluirá unha nova biblioteca virtual para médicos.

Europa Press / Redacción - 18:20 09/05/2007

O novo portal web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrecerá dende mañá aos usuarios a oportunidade de recibir SMS de móbil informándoos sobre as novidades da área de Sanidade.

Ademais os internautas poderán solicitar cita previa -un dos servizos nos que a Xunta foi pioneira-, cambiar de médico, solicitar o carné de doador de órganos e realizar trámites relacionados coa tarxeta sanitaria.

Biblioteca virtual

Así, o departamento de Sanidade sinalou que tamén será posible inscribirse en Cursos de Formación Continuada da Escola Galega de Administración Sanitaria, así como en procesos selectivos do Sergas. Ademais, avanzou que proximamente será posible consultar unha biblioteca virtual dirixida a profesionais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: