Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CO DÍA DAS LETRAS E CO DE INTERNET

Búscase a mellor declaración de amor en galego

Máis de 500 internautas galegos concursan no premio "Lingua de amor". Pódense mandar creacións até o 15 de maio.

Redacción - 17:15 09/05/2007
Logo do concurso

Logo do concurso

"Conéctate, quero que saibas que esta noite soñei contigo, que paso minutos e segundos desexando que esteamos xuntos. Coa túa clave por favor. CONÉCTATE!!". Esta declaración de amor, titulada "Amor Internauta", é unha das presentadas ao concurso Lingua de Amor, organizado polo Días das Letras, que tamén é o Día de Internet.

O Consello da Xuventude de Galiza busca a mellor declaración de amor en internet para "normalizar a lingua e a cultura galegas" e, de paso, celebrar que a rede tamén serve para facer as beiras en galego.

Prazos e premio
O certo é que o concurso está a ter éxito abondo, pois xa son máis de 500 os internautas que se apuntaron.

Aqueles que estean interesados aínda están a tempo, pois o prazo remata o 15 de maio. As declaracións, iso si, son anónimas. Hai tres premios previstos, que inclúen unha cámara de video dixital para o gañador.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: