Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DUP e Sinn Fein comparten poder

O Úlster estrea goberno

Un pacto histórico entre estremos até hai ben pouco irreconciliábeis devólvelle desde este luns a autonomía a Irlanda do Norte.

Redacción - 08:00 08/05/2007

Ian Paisley, líder do Partido Democrático Unionista, DUP, e protagonista durante moitos anos das máis belixerantes posicións contra o autogoberno do Úlster, alén de boicotear activamente hai case unha década o histórico acordo de Venres Santo, será desde esta semana o novo ministro principal en Irlanda do Norte. Á súa beira como viceministro, nunha fotografía impensábel até hai pouco, Martin McGuinnes, ex líder do IRA e agora representante destacado do Sinn Féin.

Cinco anos despois de asinar a suspensión da autonomía, o executivo británico acaba de confirmar oficialmente a restauración desta. Este martes, o primeiro ministro británico, Tony Blair, estará en Stormont para asistir ao acto co que o goberno norirlandés bota a andar. Con el estará tamén Bertie Ahern, o primeiro ministro de Irlanda, clave tamén nas recentes negociacións para o novo escenario de paz.

No novo executivo do Úlster, os unionistas do DUP xestionarán catro ministerios: Economía, Cultura, Finanzas e Medio Ambiente. Para o Sinn Féin quedan Educación, Agro e Desenvolvemento Rexional. No goberno de coalición estarán tamén o UUP, que asumirá Emprego e Sanidade, e o SDLP, que se ocupará de Asuntos Sociais.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: