Os coruñeses superaron na final o Monterreal de Baiona por un global de 6-3.
O conxunto anfitrión, formado por Iago Fdez.Reija, Rodrigo Figueroa, Iago Álvarez, Bruno Otero, David Suárez, Iñaki de Santiago, Luis Fdez.Oro, Roi Álvarez, Iván Giráldez e Carlos Barbeito, acadou esta fin de semana o campionato galego por equipos masculinos de primeira división.
Nas pistas de terra batida do Seixal, os herculinos venceron nas semifinais o Real Club Náutico de Vigo por 6-3. Pola súa parte, os de Baiona chegaron até a final logo de superar na penúltima ronda o Sporting Casino Coruña por 5-4.