Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ás portas das eleccións xerais

Unha adolescente de 17 anos reabre o debate do aborto en Irlanda

A moza emprendeu unha batalla legal contra o servizo sanitario irlandés. Unha crónica de Maria Golpe desde Dublín.

María Golpe - 09:00 07/05/2007

Unha adolescente de 17 anos comparecía onte no Tribunal Superior (High Court) irlandés reabrindo o debate sobre o aborto na illa a dúas semanas das elección xerais.

A rapaza, da cal non se descubriu a verdadeira identidade e á que os medios se refiren como Miss D, esta embarazada de catro meses e o feto sufre anaencephalia, unha condición que non lle permite sobrevivir fóra do útero da nai.

Miss D emprendeu unha batalla legal contra o servizo sanitario irlandés (Health Service Executive- HSE) xa que lle prohibe viaxar ao Reino Unido para acceder a un aborto, a pesar de que o bebe non sobrevivirá mais de tres días unha vez nacido.

O representante legal de Miss D declarou diante do Tribunal Superior que o servizo sanitario non pode denegarlle o dereito a viaxar ao estranxeiro e que facerlle seguir adiante co embarazo e ‘cruel e inhumano’.

O HSE responsabilizouse da rapaza despois de que esta acudira ao hospital tras unha disputa coa sua nai, onde descubriu que estaba embarazada. Inicialmente, Miss D, tiña previsto seguir adiante co seu embarazo pero tras descubrir que o feto non sobrevivira unha vez nacido a rapaza expresou o seu desexo de viaxar ao Reino Unido para finalizar o seu embarazo.

A lei irlandesa e unha das mais estritas en Europa con respecto o aborto. O único caso no que unha muller pode legalmente viaxar ao estranxeiro para acceder a un aborto e se esta se atopa en serio perigo por motivos de saúde ou corre o risco de cometer suicidio.

Cada ano milleiros mulleres irlandesas, moitas delas adolescentes, viaxan ao Reino Unido para abortar. NO ano 2000, mais de 6000 mulleres irlandeses viaxaron cruzaron o canal de Irlanda para abortar no Reino Unido, segundo datos do goberno británico.

O arcebispo de Dublín Diarmuid Martín declarou para o diario Irish Independent que “a posición da Igrexa católica non cambiou. O feto sigue sendo unha vida humana e polo tanto ten os seus dereitos.”

O grupo Choice Ireland organiza unha marcha este sábado dia 5 de Maio as 12 do mediodía en apoio a Miss D na emblemática O’Connell Street. A rúa O’Connell Street e un punto frecuentado cada sábado por grupos pro-vida para facer campaña anti-aborto.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: