Xavier Gómez Noya continuará este domingo coa defensa do seu título mundial na terceira proba do torneo, segunda na que participa.
“Xavier é o claro favorito. Rematou segundo en Mooloolaba adestrando moito menos ca min e está nun gran momento de forma”. Son palabras do principal rival de Noya nesta edición da BG Copa do Mundo 2007, o australiano Brad Kahlefeldt, gañador da proba inaugural da competición. E é que a maioría dos participantes ven no ferrolán o rival a superar na proba que este domingo se disputará en Lisboa, terceira desta edición e segunda para Noya.
Iván Raña tamén participará na proba portuguesa e tamén é sinalado como un dos candidatos ao podio. O de Ordes, que debutará este ano na competición mundial, adestrou moi ben durante o inverno e deixou atrás os problemas físicos que arrastraba practicamente desde os Xogos Olímpicos de Antenas 2004. Raña móstrase moi optimistas a un mes da cita de Madrid, o seu primeiro gran obxectivo da tempada.