Suíza é o país de onde máis galegos volveron, cun total de 2.363 retornados.
Do total de emigrantes que decidiron volver a Galiza, un total de 1.586 fixérono desde estados da Unión Europea. Do resto de Europa foron 2.511, case todos desde Suíza.
Segundo a estatística de baixas consulares elaborada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, da outra beira do Atlántico chegaron 1.900 do centro e o sur do continente americano e 267 de norteamérica. O resto son retornados de África (37), Asia (27), e Oceanía (15).
Por provincias, un 44% volveron a concellos da Coruña, 2.791; Pontevedra sumou 2.025 retornados, Ourense un total de 1.191 e Lugo só 336. En 2005 a cifra de retornados quedara en 5.776. Durante os últimos doce meses, a nivel estatal só en Madrid se censaron máis emigrantes retornados, un total de 6.943.