A Fórmula 1 da vela xa está en marcha. O patrón galego Pedro Campos xa sabe o que é competir neste Desafío dominado por norteamericanos, británicos e, ultimamente, polos australianos. Outros catro mariñeiros galegos preparan en Valencia esta Copa América 2000.
Esta edición celébrase en Auckland. As augas serán protagonistas dun desafío singular entre o barco esapñol e o americano San Francisco. Campos di que as augas galegas e australianas teñen unhas características moi parellas en canto a temperatura e climatoloxía. Gabriel Del Llano do Naútico de A Coruña, Roberto Bermúdez do mesmo club, Enrique Cameselle do Naútico de Vigo e Jaime Arbones do Naútico de Baiona completan a tripulación galega deste proxecto español que xa invisteu máis de 3000 millóns de pesetas no Desafío Copa América.