A Rede de Alerta contra o Deserto Verde do Brasil xunta a colectivos, sindicatos e comunidades locais diversas de até cinco estados brasileiros diferentes. Todos eles teñen en común a preocupación pola expansión das plantacións de eucalipto na zona.
Xuntos traballan pola defensa de alternativas de desenvolvemento promovidas por comunidades locais e que demostraron a súa viabilidade. Até o 17 de maio levarán por varios lugares a súa caravana multimedia, coa fin de crear vínculos entre movementos que en Portugal e Galiza traballan en proxectos parecidos.