Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Constitucional anula a votación sobre a presidencia

Haberá eleccións anticipadas en Turquía

Afonda a crise política en Turquía, onde unha manifestación do 1 de maio rematou con preto dun milleiro de traballadores detidos.

Redacción - 08:00 02/05/2007
O primeiro ministro turco, Erdogan / Foto: NTV

O primeiro ministro turco, Erdogan / Foto: NTV

A intención do goberno proislamista turco de nomear como novo presidente da República ao actual ministro de Exteriores, Abdula Gul, xa topara co desagrado dos partidos da oposición, cunha semana de mobilizacións nas rúas, e coas propias mensaxes de rexeitamento desde o exército. Agora o Constitucional acaba de anular o proceso de elección, polo que o asunto debe volver ser debatido no Parlamento. Os tribunais danlle a razón aos partidos laicos, que aseguraban que o número de deputados cos que se avalaba a escolla non eran abondo.

Fronte á crise, o primeiro ministro, Tayip Erdogan, avanzou que este mesmo mércores vai solicitar na Cámara a convocatoria de eleccións xerais anticipadas.

Por outra parte, milleiros de traballadores acudiron á mobilización convocada pola Confederación de Sindicatos de Traballadores Revolucionarios, que pretendeu acceder neste Primeiro de Maio á praza de Taksim, en Istambul, para conmemorar o aniversario da que fora a matanza de medio cento de obreiros naquel lugar. A policía tratou de impedirlles o acceso á praza, onde desde o golpe militar se prohibiran todo tipo de manifestacións. A xornada rematou con arredor dun milleiro de persoas detidas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: