O veto coincide co cuarto aniversario do día en que George W.Bush anunciou a "misión cumprida" na ofensiva contra Iraq, asegurando que a guerra rematara.
Era un veto anunciado, pero non por iso deixa de ser significativo, ao producirse ademais arredor da xornada na que se cumpren catro anos do día en que o presidente estadounidense aseguraba que rematara unha guerra que nesta altura segue causando ducias de mortos todos os días.
O Partido Demócrata fixo valer a súa maioría para deseñar unha lei de financiamento da campaña bélica en Iraq que estabelecía un calendario concreto para a retirada das tropas. Segundo ese plan, a retirada comezaría o próximo mes de outubro. A Casa Branca xa anunciara que o presidente vetaría ese texto. Logo da escenificación do enfrontamento, demócratas e republicanos fixaron xa unha cita para consensuar un novo texto.
Poden ampliar no Washington Post.