Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

"Ernest Hemingway e España" na Sala Temática.

A Sala Temática de Caixavigo, acollerá desde hoxe a exposición "Ernest Hemingway e España", na que poderán verse libros, artigos de prensa do escritor, correspondencia persoal e tamén unha película sobre a súa vida.

- 00:16 17/03/1999
Tags:

Esta mostra, que será inaugurada hoxe as oito da tarde, organizouse con motivo do centenario do nacemento deste escritor estadounidense que, durante a súa estancia en España visitou case que todo o país, ainda que sobre todo, permañeceu en Madrid e Pamplona. A exposición permañecerá con nosco ata o vindeiro 18 de abril e permitirá coñecer mellor a vida deste premio Nobel. Para elo, se apresentan imaxes súas e primeiras edicións en inglés e canstelán das súas obras, entre as que se atopan "Adeus ás armas", "Festa","O vello e o mar" e "Por quen doblan ás campás". Ernest Hemingwey, faleceu en 1.961 e ó longo da súa vida, exerceu como xornalista e correspondente na guerra civil española. Tamén interviu, neste caso coma soldado, na primeira guerra mundial e, precisamente como consecuencia do seu desencanto deste conflicto pasou a ser unha das figuras máis destacadas da chamada "Xeneración Perdida".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: