Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No primeiro mes da Lei de Igualdade

Rexistradas 375 peticións de permiso de paternidade

Lonxe das 1.587 de Cataluña, en Galiza a Seguridade Social concedeu o 4,8% do total de permisos.

Redacción - 09:00 30/04/2007

Son quince días en total, segundo posibilita a Lei de Igualdade, trece días de baixa froito do novo permiso de paternidade máis os dous xa incluñidos até o de agora no Estatuto dos Traballadores. En todo o Estado foron 7.687 solicitudes desta prestación, segundo os datos proporcionados polo Ministerio de Traballo.

En Galiza foron só 375 as solicitudes concedidas. Na cima da lista aparecen Cataluña (1.587), Madrid (1.369), Andalucía (975) e a Comunidade Valenciana (769). Por outro lado, a Seguridade Social adicoulle en todo o Estado un total de 329 millóns de euros ao pagamento das prestacións económicas por maternidade durante o primeiro trimestre de 2007, un 11,57% máis que no mesmo período en 2006. Foron en total 81.386 prestacións xestionadas, equivalentes ao salario íntegro da traballadora.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: