Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O 2 DE MAIO

Antón Reixa na preestrea de "Hotel Tívoli"

O director que levara ao cinema “O lapis do Carpinteiro” estará na preestrea da súa segunda película en Barcelona.

Redacción - 21:30 29/04/2007
O chisqueiro.

O chisqueiro.

Hotel Tivoli é a segunda película coma director do polifacético Antón Reixa, que tamén dirixira “O lápis do Carpinteiro”, baseada na obra homónima de Manuel Rivas. No novo filme dirixe un elenco de actores no que destacan Luis Tosar, Nancho Novo, Ginés García Millán, Mabel Rivera, José Ángel Egido e Adolfo Fernández entre outros, coa presentación de Julieta Venegas.

Tralo itinerario dun chisqueiro -sucesivamente perdido polos seus donos- que vai pasando polas mans dos protagonistas, enlázanse diferentes historias que teñen en común as relacións de parella. Segundo Xosé Morais, un dos guionistas, Hotel Tivoli é "unha comedia de cigarros acesos e personaxes cosidos con fío de fume, un lume de palabras, de bocas e boquillas, cortinas de fume, amores fugaces e almas con filtro".

O filme, que pasou polo Festival de Cine de Málaga, chegará ás salas comerciais o 4 de maio.

Hotel Tívoli. Sinopse:
É unha película sobre o amor pasional, a casualidade e a soidade. Seguindo o itinerario dun chisqueiro que van perdendo os seus donos ocasionais en diferentes lugares do mundo, constrúese unha divertida e emotiva historia de historias co denominador común das relacións de parella, o “amor fou” e a aparición de sorprendentes personaxes portadores de relatos curiosos e dotados dunha sinceridade non sempre oportuna.

Preestrea en Barcelona
Mércores, 2 de maio, 22 h
Coa presencia do director e o sorteo da estancia para dúas persoas en Hotel Tívoli Lisboa.

Filmax Gran Vía
Centro Comercial Gran Vía 2
Av. de la Gran Vía 75 | L'Hospitalet


Ligazóns

1,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: