Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Iniciativa de Acció Cultural del País Valencià

Trescentas persoas evitan a clausura dun reemisor da televisión catalá en Valencia

Un funcionario da Generalitat valenciana e axentes da garda civil tentaron, sen éxito, entrar este venres nas instalacións.

Redacción - 13:21 27/04/2007
Xente concentrada arredor do reemisor de TV3 / Foto: Vilaweb.cat

Xente concentrada arredor do reemisor de TV3 / Foto: Vilaweb.cat

A decisión da Generalitat valenciana de pechar o repetidor de TV3 na Carrasqueta, na provincia de Alacante, non puido prosperar. Un grupo de máis de trescentas persoas concentrouse o venres á mañá arredor das instalacións para evitar que un funcionario do goberno autonómico e axentes da garda civil entrasen á forza no reemisor. Entre a xente que respondeu á convocatoria de Acció Cultural del País Valencià había personalidades políticas e culturais.

Dende a Generalitat catalá o conseller Joan Manuel Treserras fixo un chamamento ao seu homólogo valenciano, Vicent Rambla, para chegar a un acordo que evite a clausura. Esta semana, o xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Valencia desautorizou o goberno da Comunidade Valenciana a pechar o reemisor da Carrasqueta, que cobre a provincia central. No auto, a xuíza expresaba que non había motivo para a clausura, dado que non se trataba de emisións dunha televisión pirata, senón dunha emisora pública autonómica.

A cobertura, de xeito alegal, das dúas canles analóxicas da televisión autonómica catalá no País Valenciano partiu dunha iniciativa da asociación Acció Cultural para a difusión da lingua. Pero a chegada da Sexta e a coincidencia coas frecuencias dunha desas canles obrigou a converter a restante ao sistema de televisión dixital terrestre. Así, por esa frecuencia comezaron a emitir no sistema as catro cadeas dixitais públicas de Cataluña, TV3, C33/K3, 300 e 3/24.


Ligazóns

4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: