Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non cambiará a Constitución para repetir mandato

Putin non estará nas presidenciais rusas de 2008

Alén de confirmar a retirada, no seu último balance anual diante do Parlamento fixo fortes críticas a os EUA e á OTAN e ameazou con anular o tratado de desarme.

Redacción - 08:00 27/04/2007
Tags: Putin Rusia

Finalmente, Vladimir Putin parece renunciar ao cambio constitucional que se avaliaba nos últimos tempos e que entre outras cousas modificaría o límite de tres mandatos para o xefe de estado ruso. "O próximo discurso sobre o estado da nación vaino ler un novo presidente", indicou durante a súa intervención no Parlamento ruso.

Na súa intervención destacou a evolución de Rusia "até situarse entre as dez economías máis grandes do mundo" e avanzou a presentación dun ambicioso programa de desenvolvemento e modernización de infraestruturas e parque industrial. Ademais, anunciou que o executivo ten a intención de crear un organismo específico para o desenvolvemento de novos proxectos de enerxía atómica, que inclúen a construción de dúas ducias de novas centrais nucleares na próxima década.

Por outra parte, foi moi crítico cos países integrantes da OTAN e ao respecto do despregue do escudo de mísiles promovido polo goberno estadounidense explicou que Rusia cavila "a suspensión dos seus compromisos" en materia militar, anulando mesmo o Tratado de Armas Convencionais e relanzando a carreira armamentística.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: