As tres cuartas partes do mercado están dominadas polas grandes empresas. Unha campaña de sensibilización cidadá avisa da violación dos dereitos laborais.
A campaña púxose xa en marcha durante a pasada Xornada Mundial da Loita Campesiña, onde se denunciou "o desprezo dos dereitos laborais dos labregos de todo o mundo".
Ecoloxistas, labregos, gandeiros e colectivos de consumidores piden que se prioricen os alimentos locais e de tempada, que se fomenten os cultivos respectuosos co medio e que a produción implique condicións de traballo dignas, promovendo o comercio xusto e un consumo responsábel.
Recoméndanlles aos cidadáns que aposten cada vez máis por tendas de barrio, cooperativas de consumo e iniciativas similares e que presionen para que os supermercados muden as súas agresivas estratexias. Nese sentido subliñan que se difundiron mitos sobre as grandes superficies e avisan de que "non son máis baratos sempre nin para todos os produtos nin dispoñen de maior variedade". Exemplo: as grandes superficies presentan prezos superiores nun 19% á media en froitas e hortalizas.
Poden ampliar no Canal Solidario.