Antón, Lois, Mariña e Xiana pódense converter en estrelas da música tradicional, clásica, roqueira ou popular.
Os catro personaxes
A editora Ouvirmos saca por primeira vez ao mercado unha colección de bonecos recortábeis. Recomendados para crianzas ou para quen nunca quixo deixar de selo, distribúense dous modelos: Eles, Antón e Lois, e Elas, Mariña e Xiana. Cada parella de mariquiñas conta con oito instrumentos e vestimentas diferentes, catro por personaxe.
Xuntando as dúas parellas de personaxes e vestíndoas cos atavíos correctos, pódese argallar un cuarteto de gaitas, unha banda de pop-rock, un cuarteto de corda ou unha pequena banda de música. O xogo permite sentirse un membro máis do grupo e coñecer as peculiaridades de cada modalidade musical.
O novidoso ao tempo que tradicional produto xa se atopa á venda na web de Ouvirmos e mais en librarías a sete euros o estoxo.