Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un total de 91 persoas nunha pequena barca

Outro pesqueiro galego volve rescatar ducias de inmigrantes que ían á deriva fronte á costa africana

Desembarcarán en Senegal, despois de que Mauritania se negase a acollelos.

Redacción - 09:00 26/04/2007

O Segundo San Rafael, arrastreiro vigués con dezasete tripulantes, varios deles do Morrazo, pescaba este luns diante da costa de Mauritania cando avistou a barcaza á deriva desde onde facían acenos en petición de auxilio. Cativos e maiores até un total de 91 persoas, moitos deles enfermos, trataban de navegar nunha fráxil barca con varios furados que parecía estar a piques de afundir.

Os mariñeiros do pesqueiro galego atendéronos durante medio día até que foron trasladados ao buque hospital Esperanza do Mar, que inicialmente tratou de desembarcalos en Mauritania. Finalmente, e fronte á negativa das autoridades deste país, será Senegal quen os acolla, e un equipo da Organización Internacional de Migracións, [A href="http://www.iom.int/">OIM, agarda pola súa chegada nas próximas horas.

Hai poucos meses, outro barco galego, o Francisco Catalina, recollera 51 inmigrantes á deriva en augas internacionais preto da costa de Libia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: