O líder centrista aproveita a inercia da primeira volta para anunciar a creación dun novo partido e insinúa o seu desagrado con Sarkozy.
Había expectación este mércores en Francia por coñecer a análise de François Bayrou sobre a primeira volta das presidenciais francesas. De xeito especial, agardábase ver se o autoproclamado líder centrista optaba por deixar algunha recomendación para os seus votantes sobre as súas preferencias cara a segunda volta.
Desde a votación esta fin de semana, os dous candidatos que compiten o próximo 6 de maio polo favor dos electores, Nicolas Sarkozy e Sególène Royal, trataran de captar o favor de Bayrou e dos seus votantes, sabedores de que son clave para resolver a pequena diferencia que segundo as sondaxes os separa. Unha enquisa de TNS-Sofres deixaba o prognóstico de voto para Sarkozy e Royal nun respectivo 51 e 49%.
Pero Bayrou escolleu subliñar a liberdade de voto dos que o apoiaron o pasado domingo, un 18,55% dos electores, e destacou todos os aspectos negativos que ve en Sarkozy e Royal. Con todo, recoñeceu abertamente o seu especial desagrado co estilo e estratexia do candidato da dereita. Xa de paso, aproveitou o seu protagonismo para anunciar a creación dun novo partido de centro.
Máis en Le Monde.